Nós-UP convoca un 25X pola ‘’República galega, feminista e socialista’’

Foto: Nós-UP

Opta por convocar manifestación en solitario ‘’por cuarto ano consecutivo’’ ante a ‘’imposibilidade’’ dunha mobilización unitaria.

República galega, feminista e socialista” é o lema baixo o cal decorrerá a manifestación que Nós-Unidade Popular convoca para este 25 de Xullo, Día da Patria, con saída ás 12:30 da Alameda de Compostela. A decisión de convocar en solitario responde, sinalan en Nós-UP, á imposibilidade de contar cunha manifestación “unitária do conjunto das organizaciçons independentistas e nacionalistas, tal e como o 27 de maio solicitou Nós-UP”.

A mobilización do 25X terá como trabe a defenda da República galega: “É a única alternativa genuinamente revolucionária e rupturista. A única que os poderes fáticos do Ibex 35 nom toleram nem permitem, porque nom se pode integrar nem domesticar”.

"Polo patriótico e candidaturas de unidade popular"

No seu comunicado, a organización independentista achega propostas para, sinala, facer fronte ao “avanço na Galiza do espanholismo em geral, e da esquerda espanholista em particular”. Así, defenden a urxencia de crear “un polo patriótico rupturista”, así como de activar “candidaturas de unidade popular” para as vindeiras eleccións municipais, unha cita que será en 2015. “