O novo Consello Nacional do BNG, eleito con 98,2 por cento dos votos

1.112 votos a prol da candidatura encabezada por Ana Pontón, 1 abstención e 19 votos en contra. Pontón é reeleita, pois, como portavoz nacional e reforza o seu liderado, ao superar largamente o nível de apoios co que accedeu ao cargo na XV Asemblea Nacional (98,2 por cento hoxe face 85,31 de febreiro de 2016).

Un grao de cohesión interna non visto en moitos anos. Isto é o que se tira das votacións emitidas esta tarde na XVI Asemblea Nacional do BNG.

 

  • Informe de xestión da dirección saínte

Votos a favor: 1.033.

Votos en contra: 3

Abstencións: 12.

 

  • Teses Políticas

Votos a favor: 1.002; 96,8 por cento dos votos.

Votos en contra: 5; 0,4 por cento.

Abstencións: 28; 2,7 por cento

 

  • Novos Estatutos:

Votos a favor: 1.027; 97,3 por cento dos votos

Votos en contra: 1; 0,09 por cento

Abstencións: 27; 2,6 por cento.

 

  • Candidatura ao consello nacional encabezada por Ana Pontón.

Votos a favor: 1.112; 98,23 por cento

Votos en contra: 1; 0,08 por cento.

Abstencións: 19; 1,7 por cento.