"Nun congreso apoiaría Luís Villares como líder"
No Sermos217, xa na rúa, entrevistamos Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galiza. Fala dos resultados de En Marea, do debate sobre a natureza desta organización política e da lideranza de Luís Villares. Eis un avanzo da conversa.
Luís Villares é o líder de En Marea ou o seu estatus como dirixente tería de pasar por un congreso?
Eu creo que, máis alá de que non exista unha secretaría xeral dentro do que En Marea, a día de hoxe a persoa que lidera este proxecto sen lugar a dúbidas é Luís Villares. Está lexitimado por unha votación democrática como candidato e a día de hoxe é, pois, a cara que mellor representa o proxecto. Penso que iso non está en cuestión. O formato ou a maneira en que vaia acabar de se consolidar En Marea pois xa o iremos vendo co tempo.
Se houbese un congreso neste momento sería o teu candidato a secretario xeral?
O meu, si. O meu e o de moitísima xente de Podemos.
Pois habería que o ver nese momento tal e como estivera o escenario político e todo dependerá do que fose mellor para as galegas e os galegos, partindo de se facilitaría o grupo parlamentar [a súa constitución], aínda que parece que non, pero habería que sentarse e ver.
A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos217, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.