O NYT editorializa sobre o carácter pacífico dos referendos catalán e escocés

O New York Times contrapón os ‘termos pacíficos’ de ambos os dous procesos coa ‘’campaña armada de Rusia en Ucraína’’.

A dúas semanas do referendo independentista en Escocia e a dous meses da consulta catalá, o New York Times editorializa sobre o carácter democrático de ambos procesos. Faino cunha intención: contrapoñelos ao que cualifica de “campaña armada de Rusia para punir e desmembrar Ucraína”. Mais que o diario de cabeceira para non poucos círculos políticos e económicos considere que as consultas catalá e escocesas non poden ser demonizábeis e considere que son democráticos, non pasa desapercibido.

O editorial céntrase no caso escocés, mais tamén fai referencias a Catalunya e Quebec. O NYT pon os referendos nestes países como exemplo de que o debate independentista pode se facer de forma ‘enriquecedora’ e ‘pacífica’.