O BNG exixe respostas urxentes de Rajoy despois das mobilizacións masivas


O BNG esixe do Presidente do Goberno unha resposta inmediata e urxente ás masivas mobilizacións contra os recortes. Francisco Jorquera demandou en Madrid unha comparecencia extraordinaria de Rajoy e Guillerme Vázquez fala xa de referendum ou eleccións anticipadas.

O BNG reclama no Parlamento español unha comparecencia en pleno do Presidente do Goberno para que explique se ten previsto tomar algún tipo de medidas para impulsar a economía ou a política económica do PP se reduce á aplicación de recortes aos deritos sociais.

Segundo Francisco Jorquera “é hora de saber se o Goberno do PP vai aprobar medidas destinadas a reactivar a economía, medidas para superar a crise ou pola contra, vai continuar polo roteiro de recortes e medidas que só agravarán máis a crise. Os Plans de Rajoy só están a provocar máis desemprego, baixadas de salarios, empeoramento das condicións de vida das maiorías sociais e o retraemento da economía”. Apunta, neste sentido, que a liña desenvolvida por Rajoy ate o momento semella unicamente “continuar coa folla de ruta que lle marcaron”. O BNG demandou para iso a convocatoria da Deputación Permanente co fin de que tivera lugar unha sesión extraordinaria do pleno para a comparecencia de Mariano Rajoy. Canda o grupo Mixto no que está integrado, a iniciativa está asinada polo grupo parlamentario Izquierda Plural e o Grupo Parlamentario Vasco.

Moción de censura nas rúas

Tamén na Galiza, o BNG desenvolveu varias iniciativas nas que reclama ao presidente do Goberno do Estado Español, Mariano Rajoy unha resposta inmediata ao berro multitudinario que onte se escoitou nas rúas galegas. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez cualificou a resposta social como verdadeira “moción de censura” contra os gobernos do PP.

O portavoz da organización nacionalista demandou un referendum ou a convocatoria de eleccións anticipadas xa que o PP está a aplicar un programa de goberno que non responde ao que anunciou na campaña das eleccións nas que acadou maioría absoluta.

O BNG ven de presentar no Parlamento galego unha proposición non de lei na que insta ao presidente da Xunta a que se manifeste por medio dun recurso de inconstitucionalidade en contra dos recortes de Rajoy por invasión de competencias recollidas no Estatuto de Autonomía.

Ao seu ver, a cidadanía está a asistir a un “roubo masivo” dos seus dereitos, un “golpe de Estado ao servizo dos poderosos”. Como exemplo, sinalou que, ao tempo que anuncian o recorte de salarios dos funcionarios aparecen cartos para Bankia. Contra esta política, Guillerme Vázquez convidou á cidadanía a asistir á manifestación do 25 de xullo e a partillar dunha protesta masiva como resposta ás políticas do PP ou “virán novos recortazos que afondarán aínda máis a crise ate extremos que nin imaxinamos”.

Suba da luz

Atende o BNG tamén á letra pequena do BOE na iniciativa presentada polo parlamentario Fernando Branco para denunciar a desaparición da tarifa eléctrica para o Estado o cal provocará un aumento na factura de enerxía nos fogares e empresas galegas “ao repercutirse con carácter territorial a ecotaxa e o canon eólico ap