O Estado impugna a Declaración de soberanía

Así o anunciou a vice-presidenta do Goberno español, Soraya Saénz de Santamaría durante a comparecencia de imprensa após o Consello de Ministr@s.

 

O executivo de Mariano Rajoy anunciou que impugnará a declaración de soberanía aprobada polo Parlament catalán o pasado 23 de xaneiro. 

Após recadar diversos informes xurídicos e contar co visto e prace do Consello de Estado, a vice-presidenta do Goberno, Soraya Saénz de Santamaría manifestou en comparecencia de imprensa a intención do executivo de impugnar o texto en que se recoñece a Catalunya como "suxeito xurídico e político". Segundo Sáenz de Santamaría o recurso responde ao cumprimento "da nosa obriga como goberno" e apelou á "incompatibilidade" da devandita resolución coa "Constitución española". No entanto, a voceira do Goberno matizou que non presentarán "un recurso de inconstitucionalidad". 

O president da Genralitat, Artur Mas xa asegurara días atrás que a vontade manifestada polo Goberno "está fóra de lugar" e emprazou ao executivo español a procurar vías de diálogo e entendemento entre España e Catalunya.