O nacionalista Xan Caxigal anuncia a saída do Concello da Coruña

Xan Caxigal
O concelleiro do BNG da Coruña, Xan Caxigal presentou esta mañá a demisión por razóns persoais. Nunha rolda de prensa na que participará o portavoz Xosé Manuel Carril fará pública a renuncia e comunicarase a substitución no grupo.

 

O concelleiro nacionalista da Coruña, Xan Caxigal deixa o cargo por razóns persoais despois de ter sido responsábel da área de Deportes no anterior goberno municipal. Caxigal conta cunha ampla traxectoria no movemento veciñal da Coruña e é membro do Consello Local do BNG.

Para ás 17.00 horas está convocada a rolda de prensa na que se fará pública a substitución e na que participarán, ademais do propio Caxigal, o portavoz Xosé Manuel Carril, as concelleiras Mª Xosé Bravo e Ermitas Valencia e o responsábel local Raúl Fernández.