O PP retira o chío co meme dos Simpsons en que proclamaba a morte de Villares

Orde da superioridade e o community manager do PPdeG retirou o chío sobre o meme dos Simpsons, após Sermos ter publicado unha noticia ao respeito.

Xa non é posíbel acceder vía twitter ao chío do PPdeG en que, meme dun cadriño dos Simpsons mediante, se decretaba a morte (política) de Luís Villares. Mais si fican restos na rede, como se ve no pantallazo que ilustra esta información.

 

No meme aparecía unha figura coa fasquía de Krusty o Paiaso  -en cuxa cara está superposto o logo de En Marea, para que fique claro quen é o agresor- que tentaba pisotear un Luís Villares que aparecía deitado no chan cunha camiseta con raias negras horizontais, tipo presidiario. Contíñano entre varios. Non por defender o parlamentar de Lugo senón porque máis violencia é xa inútil. "Deixádeo, xa está morto" era a lenda que puña texto ao cadriño.

 

Noticia actualizada ás 13.05.