O primeiro alcalde de Vox na provincia de Córdoba chámase... Francisco Franco

Francisco Franco, primeiro alcalde de Vox na provincia de Córdoba (Foto: Vox).
Militou no PSOE até 1999, ano no que pasou ao Partido Andalucista, do que formou parte até 2007.

A Entidade Local Autónoma de Encinarejo, na provincia de Córdoba, ten novo alcalde despois das eleccións do pasado domingo. Trátase de Francisco Franco, tamén coñecido como Paco Franco.

O xa presidente da localidade conseguiría un total de 407 votos nas e

leccións do pasado 28 de maio. Franco arrebatou a Alcaldía ao Partido Popular, que só obtivo 265 dos votos. Pola súa parte o PSOE obtivo 253 votos e Ciudadanos 122.

O seu nome, como é evidente, chamou moito a atención en redes sociais por coincidir co do ditador fascista. Con todo, os seus compañeiros refírense a el como Paco Franco.

Vello coñecido

Segundo indica o Diario de Córdoba, máis aló da anécdota do nome, Franco é unha vello coñecido da política local.

Militou no PSOE até 1999, ano no que pasou ao Partido Andalucista, do que formou parte até 2007.

Catro anos despois afiliouse ao Partido Popular, co que foi concelleiro durante tres lexislaturas en Encinarejo, sendo na última delas man dereita de Miguel Ruiz Madruga. En 2023 cambiou por cuarta vez de partido, para comezar a súa andaina en Vox.