Pablo Iglesias propón a regulación pública dos medios de comunicación

pablo iglesias

O líder de Podemos cre que así se garantiría a liberdade de imprensa ‘’sen condicionantes das empresas privadas’’.

Pablo Iglesias, eurodeputado e líder de Podemos, aposta por unha regulación pública dos medios de comunicación. “Se o dereito á información é un dereito democrático, a concentración da propiedade é incompatíbel con ese dereito”, afirma Iglesias.

Unha consideración á que engade: “A xestión da información non pode depender unicamente de homes de negocios e da súa vontade por permitir a liberdade de expresión”. Unha idea que reitera (“non pode ser que algo tan importante para a democracia como os medios de comunicación estea só en mans de multi-millonarios”) para defender a regularización pública dos medios.

A lóxica que preside os medios de comunicación privados é a de obtención de beneficios, afirma o eurodeputado

Iglesias aclara que con esta proposta non está a pedir que os medios de comunicación fiquen baixo control do goberno, senón que se garanta a independencia e veracidade mediante unha regularización do sector.

A lóxica que preside os medios de comunicación privados é a de obtención de beneficios, afirma o eurodeputado, non “a utilidade social, nin a calidade nin o interese social”.