BESTEIRO GAñA EN OURENSE, MAIS PERDE NA CORUñA

Pachi Vázquez convértese no gran derrotado das primarias do PSOE galego

PSdeG

O ex secretario xeral do socialismo galego perde en Ourense, namentres que Paco Reyes venceu en Santiago, Barcón na Coruña e Sestayo en Ferrol. Sacristán liderará a provincia da Coruña.   

 

Besteiro gaña en Ourense -ao caír Pachi Vázquez-, mas cede na Coruña, onde o seu candidato a secretario provincial foi derrotado por Julio Sacristán.

O líder do PSdeG ve desactivada a ameaza interna que supoñía unha posíbel candidatura do seu antecesor, Pachi Vázquez, nas primarias da cidade de Ourense, unha das citas coas urnas que tiña a militancia do PSOE galego este domingo e que neste caso rematou con derrota de Vázquez e vitoria do seu rival, Vázquez Barquero, concelleiro de Facenda no actual goberno local. 

Moi disputado estivo a elección de candidato do PSdeG ás municipais do ano que vén en Santiago. Finalmente, Paco Reyes foi a elixido após superar a Mercedes Rosón. Dúas mulleres si serán as caras do cartel socialistas nas outras días cidades do norte do país, posto que Mar Barcón venceu a Ángel Garmendia na Coruña e Beatriz Sestayo a Ramón Veloso en Ferrol. 

Outras localidade menores tamén elixían cabeza de lista para as locais. Proclamaron os votos da militancia como candidat@s a Mariluz Santiago en Marín, Chus Garrote en Ponteareas, Alberto Varela en Vilagarcía, José Manuel Vilas en Ribeira e Jesús Añón en Carballo. 

Así mesmo, escollía o PSOE secretario xeral da provincia da Coruña, logo de que obrigaran a dimitir a Francisco Caamaño. Nesta cita -a media de participación nos procesos roldou o 70 por cento- gañou o rexedor de Culleredo, Julio Sacristán, por diante do de Oroso, Manuel Mirás.