Un sector de Podemos Ferrol critica que en Madrid oculten datos sobre as irregularidades

[Imaxe Podemos]

Crece a polémica e desde a candidatura Xunt@s Podemos presentan recursos e piden que a dirección estatal identifique xa ás persoas que cometeron as presuntas incidencias e non entenden que se lles obrigue a esperar seis meses para resolver o conflito. 

 

Persoas inscrit@s no Círculo Podemos de Ferrol, pertencentes á candidatura de Xunt@s Podemos, presentaron recursos a título individual contra a decisión da Comisión do Consello Cidadán para os Procesos Constituíntes Territoriais de anular e invalidar as eleccións primarias celebradas nesta cidade para elixir ao seu secretario local e consello cidadán.

Nunha rolda de prensa ofrecida nunha cafetería de Ferrol, varios destes inscriptos reclamaron aos órganos do partido en Madrid que "clarifiquen as anomalías" e digan "cales son e quen está detrás destas supostas incidencias", declarou Maximino López. Esta corrente tamén manifestou que a resolución que coñecen a día de hoxe "non se fundamenta en ningún artigo nin en ningún reglamento existente no partido, é arbitraria". 

Pola súa banda, un dos portavoces, Cheto Rico, criticou que desde a dirección do partido impoñan que haxa que agardar "polo menos" seis meses para volver convocar o proceso de primarias en Ferrol. En concreto, indican que non se describiron as "anomalías", nin os "argumentos", polos que se decidiu declarar "fraudulentas" estas eleccións, ademais de non identificar a que candidaturas afectan as mesmas e a quen son "imputables".