Partidari@s da monarquía chaman a se concentrar en Compostela ‘‘por España e a Coroa’’
06 de xuño de 2014 (21:01 h.)
A capital galega é unha das cinco cidades do Estado onde hai convocados actos a favor da ‘‘monarquía parlamentaria’’.
Partidarios da monarquía española convocaron a través das redes sociais a se concentrar esta sexta feira a partir das oito da tarde nas cidades do Estado español en defensa “da Constitución e da monarquía parlamentaria”. Santiago de Compostela (Praza do Toural) é unha das cidades mencionadas expremente nese chamamento, xunto con Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia.
@s anónim@s convocantes convidan a asistir a estes actos provistos de bandeiras españolas (‘roji-gualdas’) para defender a Coroa e a unidade do Estado español, alén de amosar o apoio tanto a Juan Carlos de Bobón como a seu fillo Felipe.