Rocío de Frutos, a deputada do PSdeG que votou non a Rajoy

«Pedro Sánchez ten o meu apoio se decide apresentarse»

Foi a única parlamentar do PSdeG que se opuxo á investidura de Rajoy. Entrevistámola no Sermos220 e di que non entendería ser destituída como portavoz adxunta do seu grupo parlamentar na comisión de emprego do Congreso. Eis un avanzo da entrevista.

Vaste unir á caravana de Pedro Sánchez para refundar o partido socialista?

De momento ninguén se puxo en contacto conmigo para ningunha destas cuestións. Pedro Sánchez ten meu apoio se decide apresentarse. Aquí en Ourense creo que a militancia está con el

Que che parece a posición de Abel Caballero, partidario de adiar a realización dos congresos federal e galego do PSOE?

Partindo de que non teño ningún cargo orgánico, a miña opinión é que igual que tiveron présa para mandarnos a carta co tema da sanción económica [por non se ater á disciplina de voto] se cadra tiñan que ter a mesma présa para outras cuestións que teñen que solucionar. Canto antes se normalice a situación do partido, mellor.

A íntegra da entrevista, no Sermos220, xa nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.