Podemos di que non apoiará un pacto que dea a Deputación alavesa a EH Bildu

Roberto Uriarte, de Podemos-Euskadi

A suma de xunteiros da esquerda abertzale (11) e Podemos (8), superaría á do PNV (13) e PSOE (5). O representante electo de Irabazi -IU e Equo- si que está disposto apoiar Bildu.

 

A dirección de Podemos non apoiará un pacto con EH Bildu para que a esquerda abertzale goberne na Deputación de Araba, organismo onde a forza máis votada foi o PNV (13 xunteir@s), que ficou lonxe da maioría absoluta (26). Segundo recollen diferentes medios vascos, Podemos non está pola tarefa de facer parte dun pacto ou acordo para que a esquerda abertzale goberne a deputación alavesa. Após os resultados do 24M, o PNV foi a forza con máis representantes, seguida do PP (12) e de EH Bildu (11 xunteir@s). Podemos obtivo 8, o PSOE, 5 e Irabazi (coligazón de IU e Equo), 1, o mesmo que C’s.

Nas deputacións de Bizkaia e Gipuzkoa o pacto de PNV e PSOE garante que eses organismos sexan gobernados polo PNV. Mais esa suma non é de abondo en Araba, onde suman 18 representantes fronte aos 20 dunha aposta de esquerdas con EH Bildu, Podemos e Irabazi. Mais Podemos non está polo labor. Si o estaría o xunteiro de Irabazi, partidario dun acordo que permita “un cambio á esquerda” na Deputación.

O secretario xeral de Podemos en Euskadi, Roberto Uriarte, desvencellouse onte da decisión adoptada en Errenteria (vila de Gipuzkoa) pola agrupación de electores Irabazi, -integrada por membros de Podemos, IU e Equo- que permitirá a EH Bildu manter a alcaldía.