Podemos proporá Domènech presidente do Congreso

Domenech, á esquerda de Iglesias

A formación liderada por Pablo Iglesias quere que o novo presidente do Congreso sexa Xavier Domènech, de En Común Podem. Podemos intúe “unha boa predisposición” do PSOE, ERC e o Partit Democrata de Catalunya.

O partido liderado por Pablo Iglesias ten un nome para ocupara a presidencia do Congreso: Domènech, o líder de En Común Podem. Fontes de Podemos afirman que o PSOE, Esquerra e o PDC terían unha boa predisposición á hora de apoiar Domènech. Desta maneira, En Común Podem volvería gañar peso no seo da confluencia en detrimento de confluencias como En Marea.

Segundo os cálculos de Podemos, co apoio de ERC e PDC, o catalán podería pasar á segunda votación pola Presidencia do Congreso, á que xa só acceden as dúas persoas máis apoiadas. E, na segunda rolda, veríase as caras co PP.

O PSOE, pola súa banda, pretende o apoio para que Patxi López repita no cargo. Nesta ocasión, os socialdemócratas non poderán contar co apoio do PP, quen na pasada lexislatura, e grazas tamén ao acordo con Ciudadanos, permitira que López presidira a Cámara. Nesta ocasión, o partido de Mariano Rajoy dixo non estar disposto a repetir ese apoio.