A polémica polo expediente a un barco por izar a bandeira galega arriba ao Parlamento

bandeira galega

Os grupos parlamentares da oposición valoran o expediente aberto ao 'Cabo de Hornos II' pola Capitanía marítima de Santander.

O 'Cabo de Hornos II', un pesqueiro con porto base na Coruña, fai fronte a unha multa que pode ser de até 120.000 euros por falta grave: levar izada, canda á bandeira española, a galega e co mesmo tamaño. Algo que prohíbe o Real Decreto 2335/1980, do 10 de outubro, que fixa que a galega só pode estar izada a española e a galega non supere 1/3 do tamaño desta.

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, indicou que o grupo nacionalista estudiaría a posibilidade de desenvolver iniciativas parlamentares sobre este tema, por entender que o acontecido co pesqueiro galego é “total e absolutamente escandaloso”. A respeito da norma que regula as enseñas no barco, o portavoz nacionalista considera que reflicen un “pensamento dominante” que se elevou a lei “para impoñer o uniformismo, a idea de nación española, e negar calquera símbolo ou mostra de plurinacionalidade”. Jorquera pide máis esforzos e interese das administracións en apoiar o sector do mar galego nuns tempos nos que afronta non poucas dificultades no canto de “persecucións” por levar a bandeira galega.

Juan Fajardo (AGE) cualifica o expediente como unha “barbaridade en termos democráticos”. Enmarcou este suceso no que considera unha “estratexia de persecución da frota galega” que ten como finalidade “expulsala” para que o mar “pase ser ocupado por outros”, en referencia a intereses da gran industria acuícola, ebntre outras.

“É rizar o rizo”, manifesta José R. Val, que considera que hai cousas “mais importantes” para a frota e no sector do mar que o tamaño das bandeiras. Este deputado socialista lembrou que o RD que regula as bandeiras abordo é de 1980 “e nunca se chegou a este tipo de situacións ou sancións”, apontando a que as Capitanías Marítimas deberían centrarse en cuestións de maior importancia, “como a seguridade”. Opina que “bastantes problemas ten a frota galega” para atoparse agora cun novo relacionado coas bandeiras.