Policía di que os altercados en Madrid tras o 22M foron liderados por '150 radicais cercanos a Resistencia Galega'

A Brigada de Información de Madrid asegura no seu atestado, segundo sinala a Ser, que ''entre 150 e 200 persoas'' cercanas a ''este grupo terrorista galego'' foron as que comezaron os incidentes do sábado en Madrid tras finalizar o acto central das Marchas da Dignidade.

 

Non é bricandeira: A cadena Ser informa que o atestado policial da Brigada de Información de Madrid da Policía española sinala a “entre 150 e 200” persoas “radicais simpatizantes de Resistencia Galega” como responsábeis de comezar os incidentes e altercados contra as forzas de seguridade o pasado sábado, no acto de remate das Marchas da Dignidade.

Segundo apunta esta cadea radiofónica, este grupo de persoas comezaron os “altercados de forma moi organizada”, sorprendendo mesmo, din, á policía. Como se fose unha proba que dá validez á esta hipótese, afirman que entre os detidos aquel día había 4 galeg@s . Entre os obxectos que se lles incautou, prosegue este relato, habería desde martelos a tirapedras, pasando por paos. En total, as forzas de seguridade españolas indican que había un milleiro de 'violent@s' que se infiltraron mas mobilizacións do 22 de marzo.

O informe policial difundido pola Ser xerou unha fervenza de comentarias nas redes sociais, a maioría delas a abalar entre a incredulidade e a retranca.

O goberno español expedienta os convocantes das marchas

A delegada do Goberno español en Madrid, Cristina Cifuentes, anunciou a apertura de expedientes sancionadores contra organizadores das 'Marchas da Dignidade' do sábado pasado.

Cifuentes explicou que se vai facer uso de mecanismos que proporciona a lei e vai abrir abrir expedientes sancionadores contra organizadores, en concreto da marcha de Madrid e das "columnas" que pasaron polas localidades madrileñas de Arganda e Perales de Tajuña.