Pontevedra baixa a bandeira da UE pola postura europea sobre os refuxiados

[Imaxe Xosé Luís Alonso / Facebook]

Fíxoo o propio alcalde para denunciar unha política que atenta contra a legalidade internacional e os dereitos humanos. Tamén o Concello da Coruña. 

A bandeira da Unión Europea baixou esta terza feira da fachada do Concello de Pontevedra, unha decisión coa que o goberno local do BNG quer denuciar, segundo recolle Pontevedraviva, a política da UE a respeito das persoas refuxiadas. Unha política "inhumana e lesiva" e que viola os dereitos humanos fundamentais, denuncian desde o Bloque que foi apoiado durante a retirada simbólica polo voceiro de Marea.

Desde o grupo municipal do PsdeG-PSOE criticaron a medida, acusando ao alcalde, o nacionalista Fernández Lores, de .protagonizar unha "clara deriva" cara a un nacionalismo "rancio e eurófobo".

O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores lamentou que as demais forzas políticas non se sumase á medida que non retirou por completo a bandeira para non incumprir coa Lei de símbolos.

Coruña

Tamén en María Pita o grupo de goberno procedeu a arriar a bandeira da UE após a solicitude feita pola edil do BNG, Avia Veira. "Non no noso nome", sinalan na Coruña contra o fechamento das fronteiras comunitarias que impiden ás persoas solicitantes de asilo seren acollidas.