Pontón pide a Feixoo que aclare se vai á Palma como presidente da Xunta ou cadidato a presidir o PP

Ana Ponton

A voceira nacionalista censura a "ausencia" do presidente da Xunta ante a alza dos prezos que está a provocar, di, un empobrecemento da clase traballadora e a complicar o futuro de numerosas empresas.

 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado a Alberto Núñez Feixoo que aclare "en calidade de que" vai á Palma, onde este domingo decorrerá a Conferencia de Presidentes, se o fai como titular da Xunta ou como candidato a presidir o PP.

"Parécelle normal que coa que está a caer se marche de xira electoral colocando ao Partido Popular por diante da Galizaa", cuestionou Pontón. "Desde logo, os galegos e galegas non lle pagan para iso", reprochou.

A líder do Bloque tacha a Feixoo de presidente "ausente" en plena crise inflacionista, cos prezos disparados, que provocan un empobrecemento da clase traballadora. "Os galegos e galegas non merecen esta falta de respecto", afirma.

Censura, ademais que "dá a impresión" de que o cumio da Palma "é un mitin máis da súa campaña electoral por España, utilizando a Galiza como sala de espera até que se instale en Madrid".

Rebaixa do IVE da electricidade

A voceira nacionalista lembra que onte mesmo se publicou o dato de IPC cunha suba de prezos do 8% na Galiza, superior á media estatal, co prezo da luz, do gas, da gasolina, da cesta da compra disparado, o que está provocando un empobrecemento da clase traballadora e pondo en serias dificultades a moitas pequenas e medianas empresas.

O xefe do Executivo galego e candidato único á presidencia do Partido Popular, expón este sábado o seu proxecto político aos militantes e simpatizantes do PP de Tenerife ante de viaxar á illa de La Palma.

Nese escenario terá lugar a estrea do aínda presidente da Xunta como futuro líder del PP, o que lle permitirá abrir a súa nova etapa á fronte do principal partido da oposición nun encontro no que exixirá ao presidente del Goberno, Pedro Sánchez, que baixe o IVE da electricidade e o gas "mentres dure a escalada de prezos".