Ana Pontón pon cifra á “submisión” de ‘Darth Vader Feijóo’ a Madrid: 4.000 millóns de euros

ANAPONTON XUNTAPORTAVOCES 14.03.17 BIS

A portavoz do BNG define o presidente da Xunta como “un Darth Vader” que “comezou  sendo un Jedi e acabou converténdose ao lado escuro da forza”.

A portavoz nacional do BNG cifra en 4.000 millóns de euros o custo que para Galiza ten a “submisión” de Núñez Feijóo perante o goberno central. Ana Pontón aproveitou a comparecencia ante os medios de comunicación sobre o balanzo das relacións entre a Xunta e o goberno central para definir Núñez Feijóo como “Darth Vader”, xa que “comezou  sendo un Jedi e acabou converténdose ao lado escuro da forza”, en referencia a que se somete aos ‘ditados’ de Madrid.

Nesta liña, explicou que “Feijóo presentouse como unha especie de Jedi galego, pegou carteis coa súa cara por tódolos recunchos e díxonos : Galiza primeiro”. Pero á hora da verdade, cambiou de lado, e vemos que “nin unha soa vez,  é capaz de defender os intereses dos galegas e das galegas porque  o seu lema é:  Rajoy primeiro”.

A nacionalista  afirmou que coa  submisión de ‘Darth Vader Feijóo’ implica perder más de 4.000 millóns de euros ao ano. Unha cantidade que sae da suma dos “3.500 millóns de euros pola súa negativa a defender un concerto económico galego”, dos 140 millóns de euros nas peaxes da AP-9, unha “estafa legalizada con peaxes abusivas.

Por outra banda, lembrou  que as empresas vascas teñen un aforro de máis de 10 millóns de euros pola tarifa vasca mentres que en Galiza,  “Feijóo segue opóndose  a unha tarifa galega”. E para poñer o ramo,   referiuse ao “recortazo” dos orzamentos do Estado

Ferroatlántica

A portavoz do BNG instou o presidente da Xunta a “pararlle os pés ao intento de Villar Mir de vender ilegalmente as centrais” de Ferroatlántica e lembrou que eses activos enerxéticos son unha concesión pública vinculada co mantemento do emprego na Costa da Morte.