A portavoz do PP da Coruña culpa o alcalde do aumento das violacións na cidade

Rosa Gallego, portavoz do PP no Concello da Coruña, sinalou no Pleno que o incremento das violacións en 150% é porque a Xulio Ferreiro “non lle preocupa a seguridade cidadá”.

 

A portavoz do PP no Concello da Coruña, Rosa Gallego, sinala o alcalde Xulio Ferreiro como responsábel do aumento na cidade das violacións e delitos contra a liberdade sexual. Afirmouno a voceira popular no transcurso do pleno municipal, nunhas declaracións que xeraron sorpresa e indignación no Goberno local.

 

“Na cidade os delitos contra a liberdade sexual aumentaron 15% e as violacións 150%", dixo a concelleira do PP. "A policía evidentemente non ten a culpa disto, tena un alcalde ao que non lle preocupa a seguridade cidadá”, concluíu Rosa Gallego.