Moción de censura

O PP apoiaría o PSC para tombar o goberno de Badalona que abriu o concello na “Festa Nacional”

O PSC apresentou unha moción de censura embora só dispor de 4 edís sobre 27. O PP di agora que está disposto a apoiala.

García Albiol
photo_camera García Albiol [Foto: Vilaweb]

O concello de Badalona está gobernado por unha coligazón composta por Badalona en Comú (CUP e Podem), ERC e ICV, tres formacións que totalizan 10 escanos no Pleno municipal.

O pasado 12O acordaron abrir o concello durante a chamada “Festa Nacional” española e embora ter sido xudicialmente requeridos para respeitar o día feriado.

Este feito provocou, alén das secuelas xudiciais, o inicio dunha campaña de hostigamento político por parte da oposición unionista no concello na que se enmarca a apresentación dunha moción de censura por parte do PSC.

A moción socialista podería agora prosperar, sendo que esta segunda feira Xavier García Albiol -ex alcalde de Badalona, chefe da oposición nese concello e presidente do PP en Catalunya- acaba de anunciar o seu apoio á iniciativa socialista.

En principio, o PSC tencionaba obter tamén o apoio de Cs e a antiga Convergència, que dispoñen de un e dous escanos, respectivamente. Os nacionalistas xa dixeron que non contasen con eles.

Comentarios