O PP desbota as emendas da oposición os Orzamentos porque levarían a Galiza a “un rescate”

O PP desbota as emendas da oposición os Orzamentos porque levarían a Galiza a “un rescate”

Esta segunda feira decorre o último debate no Parlamento dos orzamentos para 2015, un debate en pleno ao que chegaron 115 emendas por parte dos grupos de oposición ao articulado do texto das contas. Esta cuarta feira será votado o proxecto de lei de orzamentos.

O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, xa adiantou que as emendas da oposición non van saír adiante, ironizando con que Galiza precisaría “un rescate” no caso de que gobernase unha “coligazón variopinta de forzas de esquerda” que aplicase as emendas que presentan.

“Hai marxe para outras políticas que nos saque da ruína”

Na defensa das 40 emendas ao articulado presentadas polo BNG, o portavoz parlamentar Francisco Jorquera defendeu que ““hai marxe, dentro do estreito corsé actual, para facer outras políticas” polo que reclamou “un cambio de rumbo” centrado nas reformas fiscais, asegurar o gasto social e non recorrer a colaboración público-privada para financiar servizos públicos básicos e evitar que “se faga negocio” á costa dos servizos e infraestruturas públicas.

Yolanda Díaz, de AGE, acusou o goberno de “facer políticas suicidas contra o pobo”, ademais de acusar o PP de impulsar uns orzamentos para Galiza “que poñen en xaque á democracia”. O PSdeG reclamou maior compromiso e dotazón para as políticas sociais.