PP e En Marea apresentan en castelán as súas alegacións ao informe do Consello de Contas
O conselleiro maior do organismo apresentou esta cuarta feira o informe de fiscalización de gastos e ingresos das organizacións parlamentares nas pasadas eleccións galegas.
Partido Popular e En Marea apresentaron en castelán as alegacións ao informe do Consello de Contas que fiscalizaba a contabilidade eleitoral das diferentes organizacións políticas nas pasadas eleccións galegas do 25 de setembro. Pola contra, PSdeG e BNG realizaron o trámite en galego.
Se ben Presas non pronunciou o nome “das dúas organizacións”, a documentación dispoñíbel na propia web do Parlamento na que se informa da comisión permite comprobar que son PP e En Marea.
A intervención da parlamentar nacionalista non tivo comentario ou réplica algunha por parte de ningunha das outras formacións.