PP e PSOE rexeitan arriar a bandeira da UE no Parlamento embora apoiar deixala a media hasta en Compostela

A proposta, do BNG, contou co apoio de AGE e Grupo mixto

PP e PSOE rexeitaron arriar a bandeira da Unión Europea no Parlamento de Galiza, tal e como solicitou o BNG co apoio de AGE e Grupo mixto. Populares e socialistas votaron en contra deste acto simbólico para rexeitar a política da UE coas persoas refuxiadas, se ben hai uns días si que aprobaron en Compostela que a enseña comunitaria ondease a media hasta. O PP acusou os nacionalistas de “demagogos” e desde o PSOE defendeuse que, alén de baixar ou non a bandeira, o pricnipal era aprobar unha declaración institucional.

O BNG  defendeu a “retirada da bandeira da Unión europea” tralo acordo con Turquía para a expulsión de refuxiados, “ o Parlamento galego”, afirmaron os nacionalistas, non pode ser indiferente a un acordo que “atenta contra a xustiza”, concluíu. Nos últimos días, varios concellos de Galiza procederon a baixar a bandeira da UE, nunha medida que comezou en Lugo, a insntancias do BNG, para se estender a municipios como Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Rianxo, San Sadurniño...