O PP saca adiante en solitario unha nova lei sobre ILPs após ‘’desnaturalizar’’ a iniciativa do BNG

A oposición abstívose na votación. A fronte nacionalista, promotora da iniciativa, denuncia que as emendas do PP foron tirando contido á proposta orixinal.

 

O Parlamento aprobou cos votos en solitario do PP a reforma da lei que regula as ILPs, Iniciativas Lexislativas Populares. BNG, AGE e PSdeG abstivéronse. O grupo impulsor da iniciativa, Bloque Nacionalista Galego, argumentou a abstención criticando que as emendas introducidas pol@s populares durante a tramitación “desnaturalizaron” o proxecto inicial. AGE lamentou a “deturpación” da iniciativa do BNG e xustificou a súa posición na “solidariedade” coa fronte nacionalista, incidiu Xosé Manuel Beiras.

A lei aprobada polo PP sinala que as ILPS requerirán 10.000 sinaturas no canto das 15.000 de agora e terán que se debater no primeiro iou segundo pleno desde a súa entrada en rexistro. Habilítase a posibilidade de que as sinaturas se recollan por canais dixitais e os servizos do parlamento poderñan asesorar os e as promotoras das inciiativas.

O BNG e AGE defenderon a necesidade de resarcir ás persoas promotoras das ILPS polos gastos mais desde o PP apoiaron que fose só ás ILPs aprobadas.

Aliás, o PP votou abaixo a proposta do BNG (apoiada por AGE) de que poidesen tomar parte nestas iniciativas as persoas maiores de 16 anos. “Non ten sentido que se poidan casar, traballar e ser penalmente responsábeis, mais non poidan participar politicamente", manifestou Francisco Jorquera, portavoz do BNG.