O PPdeG volve ter portavoz, Miguel Tellado, 100 días despois da demisión de Paula Prado
15 de setembro de 2014 (15:58 h.)
Man dereita do alcalde ferrolán, este deputado no parlamento galego pasará ser o novo nº4 do PP galego.
Miguel Tellado (Ferrol, 1974) vai ser o novo portavoz do PP de Galicia, segundo adiantan diversos medios citando fontes oficiais do Partido Popular. Este ferrolán, man dereita do rexedor da cidade departamental, cubrirá así a vacante que deixou Paula Prado hai máis de tres meses.
Miguel Tellado será o novo nº4 do PPdeG nunha cúpula onde non hai ningunha muller.