A presidenta de Madrid pide que Galiza non caia “nas gadoupas do nacionalismo”

A presidenta de Madrid, Isabel Ayuso (Comunidade de Madrid)

Díaz Ayuso aplaude Núñez Feixoo e di que “por un escano pode perderse Galiza e meter España nun sarillo”.

Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madid, sinalou que Galiza non pode caer “nas gadoupas do nacionalismo” e cre que Núñez Feixoo é quen máis votos pode reunir para evitar ese escenario.

Ayuso foi preguntada polas eleccións galegas e destacou que o importante é que “España non pode permitirse que máis nacionalismos continúen a secar as comunidades. Cando a esquerda goberna nelas preséntase como amiga fiel do independentismo e nacionalismo”.

Ayuso apuntou que isto é o que pasou co goberno de coalición entre PSdeG e BNG entre 2006 e 2009. “Por un escano pode perderse Galiza e meter España nun sarillo de magnitudes inesperadas por outra comunidade presa do nacionalismo que non sostén a unidade de España”.