Primeira toma de contacto do flamante grupo parlamentar de En Marea

Priorizar a interlocución directa coa “cidadanía” será a guía da actuación do grupo parlamentar de En Marea, avanzou esta quinta feira Luís Villares, xa en funcións de portavoz. O grupo mantivo onte a súa primeira reunijón de traballo.

Grupo parlamentar En Marea. 29 de setembro de 2016
photo_camera Foto de grupo do grupo parlamentar de En Marea

Fotografía de grupo e primeiras declaracións aos meios. Ese foi o roteiro da primeira toma de contacto dos 14 parlamentares (5 por A Coruña, 4 por Pontevedra, 2 por Lugo, 2 por Ourense) obtidos por En Marea o 25S.

“A cidadanía falou e levou até o Parlamento de Galicia (sic) un grupo de 14 deputados e deputadas que levarán unha mensaxe de dignidade, a nosa primeira función alí”, declarou Luís Villares, a figura que encabezou as candidaturas e que xa oficia como portavoz do grupo.

Facer do traballo institucional terminal da interlocución coa cidadanía, esa é a aposta de En Marea. “O traballo institucional será o resultado do traballo na rúa”, declarou Villares. E engadiu: “Seguiremos a falar ao longo e ancho do país durante estes catro anos e polo tanto o noso traballo parlamentario será a resultante de aplicar o noso programa e de escoitar á cidadanía“.

Interpelado a respeito da distribución de responsabilidades dentro do grupo parlamentar, Villares esclareceu que “se fará tendo en conta os puntos fortes de cada un dos deputados de En Marea“.

Comentarios