O PSdeG denuncia que a Xunta podería perder o financiamento os centros de crise 24 horas para as vítimas de violencia sexual

A deputada do PSdeG, Paloma Castro. (Foto: Cedida)

O PSdeG vén de denunciar que a Xunta da Galiza podería perder 5,9 millóns de euros dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) destinados a financiar os centros de crise 24 horas para as vítimas de violencia sexual.

 

A deputada socialista Paloma Castro rexistrou unha iniciativa para a inmediata creación de centros de crises 24 horas que ofrezan atención integral ás vítimas de violencia sexual en Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo.

Castro asegurou que a creación destes centros é unha obrigación derivada do Convenio de Istambul, o cal esixe aos Gobernos garantir a protección e asistencia ás vítimas de violencia sexual.

Os centros de 24 horas de atención integral ás vítimas de violencia sexual teñen como función proporcionar unha resposta especializada e multidisciplinar para atender ás vítimas de maneira confidencial, gratuíta e continua, facilitando apoio médico, psicolóxico e legal.

"A violencia sexual na Galiza aumentou de maneira alarmante, cun incremento do 30% nas denuncias no últimos tres anos," declarou Castro, quen explicou que “por iso, é máis necesario que nunca contar con estes centros, que aseguren unha atención inmediata e de calidade para as vítimas”.

O Goberno do Estado asignou un total de 5,9 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), para que Galiza cree estes espazos. Neste punto, a deputada do PsdeG lembra que os centros deben de estar postos en marcha  antes de 31 de decembro deste ano.

Un demanda ‘vital’

"É vital que os centros estean operativos canto antes”, afirmou Castro, quen entende que “deben ser un piar esencial na protección das vítimas de violencia sexual, ofrecendo acompañamento médico, psicolóxico e legal nos momentos máis críticos”.

A deputado PSdeG urxe ao Goberno galego que cumpra coa súa responsabilidade de implementar estes centros antes da data limite,  por tratarse dun dotación esencial na loita contra a violencia sexual na Galiza”