O PSdeG pide informes sobre o colapso das urxencias e un plan de aumento de persoal

Batería de iniciativas parlamentares do PSdeG perante a situación de desbordamento en que se achan os servizos de urxencias de varios hospitais galegos.

O portavoz de Sanidade do PSdeG no Pazo do Hórreo, Julio Torrado, entende que a saturación das urxencias é apenas a “ponta do iceberg” do que cualifica como un problema de grave falta de previsión e dotación de recursos na sociedade.

O colapso é produto dun problema estrutural, o da “falta de profesionais, medios e recursos”.

O PSdeG demanda ao Goberno galego que exixa ás xerencias dos complexos hospitalarios “un informe dos episodios de saturación vividos en cada centro" e propón que se negocie desde a Xunta cos colectivos profisionais e sindicais “un plan de aumento progresivo do persoal para os dous próximos anos”.