O PSdeG prognostica unha “retroceso histórico” do PP en Galiza
“O retroceso do PP en Galiza vai ser histórico”. Ese é o prognóstico político do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a dous meses das eleccións ao Congreso e a tras das europeas e as municipais. “A derrota do PP nas eleccións xerais será épica”, asegurou nun acto en Lugo.
“As enquisas xa amosan que o PP ten unha expectativa de voto en Galiza para as xerais por debaixo de calquera elección xeral desde o ano 1982”, afirmou, “polo tanto hai unha mudanza de ciclo político”. Para o líder socialista, ábres unha etapa de “crecemento da esquerda” e de retroceso do PP e de Feixoo.
Caballero ve no suposto “abandono do electorado moderado” por parte do PP a causa dese retroceso que prognostica. Nas súas declaracións, realizadas antes dun acto coa vicepresidenta do Goberno central Carme Calvo, o secretario xeral do PSdeG asegurou contar con “indicadores de como vai a situación política e electoral” e a partir deles diagnosticou a caída “épica” e o “retroceso histórico” do PP en Galiza.
“Somos conscientes de que comeza a haber unha mobilización moi importante da cidadanía que vai impedir que a dereita e a ultradereita provoquen retroces en materias económicas, sociais e de liberdades”, engadiu, antes de defender o curto Executivo de Pedro Sánchez.