O PSdeG terá 64 delegados e delegadas no Congreso do PSOE, a sexta federación con máis presenza

Besteiro e Sánchez nun mitin das pasada eleccións galegas. (Foto: Europa Press)
As delegacións elíxense mediante voto individual e secreto.

O Congreso Federal do PSOE que se desenvolverá entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Sevilla acollerá 1099 delegados, dos cales 268 proceden de Andalucía -a federación que máis achega- seguida da Comunidade Valencianado País Valencià (115), Madrid (89) e Catalunya (86).

Séguenlle Castela - A Mancha (72), Galiza (64), Estremadura (60), Castela e León (59), Asturias (46), Canarias e Aragón (45 cada unha), Murcia (34), Euskadi (31), Cantabria (19), Navarra (9), A Rioxa (8) e Ceuta e Melilla (2). Ademais a delegación do PSOE en América ten reservadas 5 prazas e a de Europa 3. Por último, as Xuventudes Socialistas contan con 22 delegados.

O censo para acudir ao 41 Congreso quedou pechado o pasado 1 de xuño, e está conformado polos militantes directos do PSOE, os militantes do PSC e das XXSS. 

As delegacións serán elixidas mediante o voto individual, directo e secreto dos militantes e afiliados directos do PSOE no seu ámbito provincial ou insular.

Ademais, son membros do Congreso Federal, con voz pero sen voto, os integrantes da Comisión Executiva Federal, os membros do Comité Federal que representan a este órgano, que son a presidenta deste órgano e delegada do Goberno español Castela-A Mancha, Milagros Tolón; o vicepresidente Manuel Borrego, que tamén é secretario de Organización do PSOE de Estremadura e a secretaria de actas, Noelia Cobo, deputada e secretaria de Organización do PSOE de Cantabria.

As candidaturas para ser del

egado no 41 Congreso poden presentarse entre o 24 e o 30 de setembro, e a recollida e presentación de avais levará a cabo entre o 2 e o 9 de outubro.

 

Para ser candidato a encabezar unha lista para ser delegado, é necesario obter o aval de 12% dos militantes e afiliados da agrupación, que terán que comunicar formalmente a súa intención de concorrer como cabeza de lista á elección