Rajoy anuncia que pretende volver presentarse ás eleccións

Rajoy

O Presidente do Goberno español aproveita os festexos pola discutida Constitución para negar que pense en adiantar os comicios xerais, nos que quere volver ser cabeza de lista polo PP.

 

O presidente do Goberno español e do Partido Popular, Mariano Rajoy, confirmou este sábado que ten intención de esgotar a lexislatura e de presentarse á reelección como cabeza de lista do seu partido nas próximas eleccións xerais.

Así o asegurou el mesmo nunha conversación informal cos xornalistas no Salón dos Pasos Perdidos do Congreso, onde se celebrou o acto de celebración do trixésimo sexto aniversario da Constitución, que está sendo nestes tempos moi discutida pero que defendeu, negándose a calquera reforma e garantindo a “unidade de España”. 

O presidente do Goberno deixou claro ante os medios de comunicación que non haberá eleccións anticipadas este ano -non as fará coincidir coas locais de maio-  e que, se así o acpta o seu partido, el volverá ser o cabeza de cartel do PP nos comicios estatais, previstos para novembro de 2015.