Rosa Díez non quer un pacto de UpyD con Ciutadans

Nunha entrevista en RNE a líder da formación maxenta descarta concorrer conxuntamente ás eleccións coa formación de Albert Rivera.

Rosa Díez di non a Albert Rivera. A líder de UPyD afirmou nun ha entrevista en RNE que o seu partyido non vai concorrer da man de Ciutadans a unhas eleccións, argumentando que iso suporía unha “traición aos electores”.

Díez afirmou se sentir “doída” e “sorprendida” polo artigo de Sosa Wagner (cabeza da candidatura de UPyD nas europeas) avogaba por esta unidade con Cs alén de denunciar prácticas “anti-democráticas” en UpyD. Díez dixo que descoñecía que Sosa Wagner tivese estas opinións e convidouno a se expresar nos órganos internos do partido.