Rueda dirixirá a campaña electoral do PP galego, que aínda non pechou @s candidat@s

Alfonso Rueda

O vicepresidente da Xunta será o encargado de dirixir ao seu partido nas municipais após o fracaso de Paula Prado nas Europeas e á espera de que se coñezan @s cabezas de cartel en Vigo ou Ourense.

 

Elixiu o director de campaña, pero aínda non a identidade dalgúns d@s candidat@s máis importantes. Mais si se sabe xa que Feijóo, ante as malas previsións electorais, devolve á confianza á un dos seus homes máis próximos e que resultou fundamental na promoción dos seus éxitos nas urnas. Así, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, estará á fronte da organización en Galiza de cara aos comicios municipais de maio, tal e como anunciou o PP este sábado. 

Catro rexedores completan a dirección electoral dun PPdeG que afronta con temor os comicios

Xunto a el contará con catro persoas, todas alcaldes, que @s populares afirma que “serán o mellor enlace do partido coa realidade municipal”. Serán a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, o de Burela, José María González Barcia, a de Melide, Ángeles Vázquez, e a de Marín, María Ramallo. Ese será o equipo de Rueda. Non está no mesmo Paula Prado, a deputada que foi designada por Feijóo como directora de campaña para as Europeas, no que resultou un grande fracaso posto que durante as semanas anteriores á cita coas urnas -nas que o PP galego retrocedeu a rexistros de hai 25 anos- coñecéronse as súas relacións e conversas respecto a supostos escándalos de corrupción. 

Fai público o director de campaña o PP galego, pero aínda non @s cabezas de cartel nalgunhas cidades, como é o caso de Ourense -aspira o conselleiro de Educación Jesús Vázquez- ou Vigo. A nivel estatal Rajoy tampouco comunicou quen se presentará en cidades como Madrid. En principio, estas identidades se coñecerán durante este mes. A decisión en Galiza é de Feijóo, xa que no PP @s candidat@s son sempre decididos desde a cúpula.