28-M

San Ramón sitúa Podemos como garantía de "avance nos dereitos" no inicio de campaña en Ferrol

Inicio da campaña para Ferrol en Común (Foto: ferrol en Común).
A formación morada escolleu Ferrol para o arranque da campaña electoral nun acto en que Borja San Ramón arroupou Aitor Cordeiro, candidato á Alcaldía ferrolá.

Podemos, que se presenta nestes comicios só ou en coligazón en varios concellos, escolleu Ferrol para iniciar a campaña. Alí, o seu coordinador na Galiza, Borja San Ramón, arroupou Aitor Cordero, alcaldábel da formación morada na cidade. O responsábel de Podemos na Galiza situou as súas candidaturas como "chave" para "garantir e avanzar" en dereitos sociais.

Defendeu, ademais, a papeleta a Podemos como unha vía para as políticas "de progreso" en campos como a vivenda, a sanidade, o ensino ou os dereitos laborais. Nesta localidade a formación morada concorre en solitario —á marxe de Ferrol en Común—.

Os "recortes" da Xunta

En difernetes actos ao longo destes úlñtimos días, o coordinador nacional de Podemos Galicia reprochou á Xunta unha política de "recortes" en materia de dependencia e comprometeuse a atender esta área desde os concellos.

E é que para San Ramón, sería "inxustificábel" que a Galiza se sitúe "no ranking das comunidades que menos invisten en dependencia".

Fíxoo ao aludir ao último estudo do Observatorio da Dependencia, "que reflicte que o gasto por persoa beneficiaria na Galiza é 20,8% inferior á media estatal, despois de recortarse un 29%".

San Ramón afirma que "a liña de actuación a curto prazo ante este problema estaría en "paliar as deficiencias da Xunta desde os concellos".

Neste sentido, alude a "a remunicipalización do Servizo de Atención no Fogar (SAF) ou á súa creación nos concellos onde non exista, así como a apertura de novas prazas en centros de día e de noite".