“Este será o cónclave máis importante de Compromiso por Galicia desde a súa constitución”

Congreso CxG

O II Congreso nacional de CxG decorrerá o día 21 en Teo sob o lema ‘Renovando o galeguismo’ e cunha única candidatura á secretaría xeral, a de Juan Carlos Piñeiro.

O II Congreso Nacional de Compromiso por Galiza decorrerá este sábado, 21 de xaneiro, en Teo baixo o lema ‘Renovando o galeguismo.Nova organización.Novas accións’. Maniel Vello, secretario de organización da formación galeguista afirmou que “este será o conclave máis importante de Compromiso desde a súa constitución. Destacou, aliás, que será “o relanzamento do partido”.

O secretario de organización apelou á necesidade de renovación “da idea de que levamos moitos anos sen un galeguismo organizado” e que hoxe en día Compromiso ten “con dúas alcaldías significativas e uns trinta concelleiros”, representa "o galeguismo máis organizado e o de maior implantación do país".

Vello salientou que entre os 41 candidatos e candidatas ao Consello Político Nacional “hai moitas caras novas”.Os congresistas votarán tamén unha nova cara para a secretaría xeral do partido, á que só presentou candidatura Juan Carlos Piñeiro. Neste segundo Congreso Nacional estará presente unha delegación da executiva do Partido Nacionalista Vasco.