Severino Rodríguez non se presentará á reelección como alcalde de Monforte

severino rodríguez BNG Monforte

O rexedor nacionalista deixará o cargo, no que cumprirá quince anos, despois dos comicios de maio de 2015 pero explica que segue no BNG e non se presentará por outra forza.

 

O alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez (BNG), anunciou que non se presentará ás próximas eleccións municipais para revalidar o seu posto como rexedor da localidade, onde goberna desde 2003.

Rodríguez explicou que “os cargos políticos teñen o seu tempo determinado” e considerou “positivo” que haxa renovación de caras cada certo tempo para obter "rexeneración", á vez que explicou que cando chegou á alcaldía en 2003 xa anunciou que estaría como moito "dúas ou tres lexislaturas”.

Ademais, o alcalde de Monforte remarcou que seguirá militando no BNG e que non se presentará por ningunha outra formación