18-F

Sumar propón unha reforma do sistema de financiamento para a Galiza

Marta Lois, na sala de prensa do Congreso. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
Marta Lois censurou o "deixamento" do Partido Popular durante os 14 anos do seu goberno, acusando a Xunta da Galiza da mala situación na cal se atopa a sanidade, a educación ou en todo o relacionado coa política industrial, "inexistente".

Sumar Galicia presentou a súa proposta política para a reforma "urxente" do sistema de financiamento galego, que inclúe a condonación parcial da débeda do país, así como que a dispersión e envellecemento da poboación sexan variábeis con maior ponderación ou que se manteña o imposto ás grandes fortunas. Fíxoo nun acto acto en que interviñeron, a candidata de Sumar á Xunta, Marta Lois e os candidatos Juan Díaz Villoslada e Manuel Lago.

Tal e como defendeu Manuel Lago, a proposta de financiamento autonómico "está feita desde Galiza, pensando nos intereses do país, dando resposta ao que debe ser un modelo estatal que ten que facerse seguindo varios principios".

Entre eles, detallou, un modelo "multilateral", acordado no Consello de Política Fiscal e Financeira que ten que ser un modelo que dea resposta a todos os problemas que presenta o financiamento autonómico, e en terceiro lugar, "dar resposta ás particularidades e necesidades da Galiza".

Para Lago hai dous modelos: "o de recorte e austeridade" e o de "as políticas públicas e fiscais expansivas", este último, o defendido por Sumar e "demostrado" no Estado. "Na pandemia, cando se produciu a caída da actividade económica e da recadación, o Goberno español foi capaz de achegar máis recursos que nunca", lembrou.

"Modelo caducado"

A continuación, Villoslada e Lois debullaron os puntos da proposta da agrupación. Comezaron remarcando que o modelo de financiamento autonómico está "caducado" desde 2014. Por iso, urxen unha renovación para "incrementar os recursos dos que dispón Galiza".

Respecto a os servizos públicos, Lois censurou o "deixamento" do Partido Popular durante os 14 anos do seu goberno, acusando a Xunta da Galiza da mala situación na cal se atopa a sanidade, a educación ou en todo o relacionado coa política industrial, "inexistente".