23-X

Sumar Galicia proclámase como a formación "decisiva" de cara ao 23-X

Yolanda Díaz intervén durante o acto de Sumar en Vigo a pasada sexta feira (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
A preguntas dos medios cando arrinca a última semana da carreira cara ás urnas, a cabeza de lista de Sumar pola circunscrición da Coruña, Marta Lois, destacou os "ventos a favor" que vive a súa formación.

Sumar Galicia chega ao ecuador de campaña coa certeza de que "o voto decisivo" é para a súa formación, porque están a comprobar en campaña como "o voto decisivo que se identifica coas políticas útiles" e as políticas que desenvolveu Yolanda Díaz á fronte do Ministerio de Traballo.

A preguntas dos medios cando arrinca a última semana da carreira cara ás urnas, a cabeza de lista de Sumar pola circunscrición da Coruña, Marta Lois, destacou eses "ventos a favor" dos que fala Díaz desde que arrincou a campaña electoral na Coruña, e apelou tamén ao mitin que protagonizou a ferrolá a pasada sexta feira en Vigo para apoiar estas expectativas e a "esperanza" de seguir "adiante".

Mobilización das mulleres

Lois, que volveu aferrarse á mobilización das mulleres, referiuse ás "consecuencias" dos gobernos de Feixoo, como o de Castela e León onde cogobernan PP e Vox, e esas "medidas de destrución, singularmente para as mulleres".

Por iso, salientou en que nesta campaña hai "dúas opcións, ou un goberno de coalición e progresista que aposte polas políticas da xente ou un goberno que mire ao pasado, ao pasado en branco e negro", contrapuxo, para advertir de que xa se están eliminando Concellarías de igualdade, "retirando" bandeiras LGBT e "suprimindo" dereitos das mulleres.

"Que pasará coas nosas fillas se ese imaxinario que non o queremos para este estado tivese tamén a opción de gobernar, de decidir sobre os nosos corpos e, así, suma e segue de numerosos dereitos sociais que están ameazados por eses dereitos", avisou.

Así, Marta Lois apelou á necesidade de "un goberno progresista e que ese voto é un Sumar forte".