A tradicional colaxe de cartaces inaugura a campaña dunhas municipais distintas

Vigo, Compostela e A Coruña acollerán os principais actos de colada da carteis que dá inicio oficial a unhas municipais nas que conflúen varios escenarios.

 

Ás 00:00 desta sexta feira @s candidat@s das diferentes formacións e partidos que concorren ás municipais do 24 de maio nos 314 concellos galegos colarán os cartaces e darán así inicio oficial a 15 días de campaña dunha cita coas urnas con importants novidades e interrogantes respecto a hai catro anos.

BNG-AA

O BNG-Asembleas Abertas realizará o acto central de apertura de campaña na Coruña, coa presenza do portavoz nacional, Xavier Vence e o candidato nacionalista nesta cidade, Xosé M. Carril. Será na sede do Reitorado da UDC, soportais do patio exterior. Rúa da Maestranza. O acto de peche de campaña terás lugaren Vigo.

O BNG-AA aposta nunha campaña “diferente” e “imaxinativa” afastada de grandes fastos e centrada no contacto directo e interlocución coa veciñanza. Neste sentido, as achegas de redes como #formigueirogz vai ser chave. @s nacionalistas destacan que o 95% da poboación galega poderá escoller a papeleta do BNG-Asembleas Abertas e que nas súas candidaturas hai unha importante renovación, así como presenza de xente nova e persoas involucradas en movementos veciñais, sociais e de base.

Marés, Anova, EU

En por volta de 90 concellos haberá candidaturas denominadas ‘municipalistas’ ou ‘cidadanistas’. Unha boa parte delas integradas por Anova (formará parte de case 70 desas listas, según recoñeceu Xosé Manuel Beiras) e Esquerda Unida. Compostela Aberta terá o seu acto de apertura de campaña na Praza de Mazarelos (23:30 horas), mentres que a Marea Atlántica farao no seu propio local, situado na coruñesa Rúa Pontejos, por cas 2 candidaturas ‘municipalistas’ ás que enquisas e sondaxes dan mellores resultados.

O vindeiro 12 de maio estará na Coruña Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, para apoiar a candidatura de Marea Atlántica, que encabeza Xulio Ferreiro

CxG

Compromiso por Galicia terá en Compostela o seu acto central de inicio de campaña, na Praza 8 de Marzo, coa presenza do secretario xeral da formación galeguista, Xoán Bascuas, acompañando ao candidato santiagués Xosé López. Vigo é a cidade elixida por esta formación para acoller o último acto de campaña de CxG.

PP

O Partido Popular opta por Vigo para iniciar a campaña destas municipais, e farao nun acto que contará coa presenza de Núñez Feijóo. O presidente da Xunta realizará 17 actos electoral entre esta quinta feira e o domingo.

O 15 de maio Mariano Rajoy estará en Galiza para participar en senllos actos electorais do PP en Vigo e Pontevedra, sen descartar máis ‘desembarcos’ no noso país na recta final de campaña.

PSdeG

No que atinxe ao PSdeG, os actos centrais de apertura e peche de campaña decorrerán en Compostela e Lugo, respectivamente. En ambos os dous estará presente José Ramón Gómez Besteiro.

@s socialistas contan coa presenza do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Vigo nesta fin de semana, para alén de que virán a Galiza outros ‘líderes’ estatais do partido ou o ex-presidente Zapatero, que estará na Coruña o día 19.

Cs e UPyD

Ciudadanos non ten un acto central de inicio de campaña. A formación concorre en 13 concellos galegos. UpyD fará a súa pegada de carteis en Vigo.