'Unidad Popular' perfílase como a marca de Izquierda Unida nas xerais

alberto garzón (foto IU)

A plataforma 'Ahora en Común' renoméase como UP por mor dun conflito con promotores da iniciativa, que teñen a propiedade da marca.

'Unidade Popular' vai ser a marca coa que IU concorra o 20 de decembro, segundo afirma 'El País', que informa de como a plataforma 'Ahora en Común', na que se integra Izquierda Unida, tivo que se renomear, elixindo a marca 'Unidade Popular'. O cambio de nome, confirmado pola voceira da plataforma ao diario editado polo grupo Prisa, derívase dos conflitos internos en 'Ahora en Común', onde un dos grupos promotores, que ten a propiedade desa denominación, deixou o proxecto.

A nova marca aínda non está rexistrada mais xa se está traballando no seu logo e ferramentas nas redes sociais. IU quer que as súas siglas estean na papelete para as xerais, lembra 'El País', de aí que é probábel que o nome sexa Izquierda Unida-Unidad Popular.