Vence acha que o desvío do flotel mostra que é Madrid quen lle marca os ritmos a Feijóo

O portavoz do BNG conmina o presidente da Xunta a "non mirar para outro lado" ante o que supón derivar a Cádiz parte do barco encomendando por Pémex a Ferrol.

 

Para o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, o desvío a estaleiros de Cádiz de parte da construción dun flotel que Pémex encargara a Ferrol é unha mostra máis de que Feijóo cede na defensa do país fronte aos intereses e decisións de Madrid. O representante da fronte nacionalista considera que o flotel é máis un exemplo, como o da AP9, o cerco, a Política Agraria Común...vde que para Feijóo a defensa de Galiza non é o importante.

“Non pode mirar para outro lado”, emprazou Xavier Vence o presidente da Xunta, do que lamentou que “acepte que Madrid lle marque o ritmo das cousas e tome as decisións” no canto de cumprir coa lei de fomento do sector naval (aprobada en 2010) que lle permite nomear un representante no Consello de Navantia. “Non se pode tolerar que carga de traballo conquerida para Ferrol acabe desviándose cara outros estaleiros doutros territorios”.