Villares di que Ence é a "porta xiratoria" do PP e chama "bacteria" a Feijóo

Apresentación do programa de Meio Ambiente de En Marea

O candidato de En Marea fotografouse en Poio coa factoría de Ence como pano de fondo para testemuñar a aposta da súa formación política nunha mudanza radical na política da Xunta en materia de meio ambiente. Villares denunciou a complicidade de Feijóo perante o alargamento da concesión á pasteira por espazo de 60 anos por parte dun goberno, o de Rajoy, en funcións.

"Temos políticos tóxicos para Galiza e o seu até agora presidente Feijóo foi a súa peor bacteria", atacou Villares. O candidato de En Marea elevou o ton contra Feijóo, de quen dixo que ten en Ence a súa "porta xiratoria", en alusión a que un ex conselleiro do PP, Carlos del Álamo, é neste momento membro do consello de administración da pasteira.

"Non é candidato á presidente, senón candidato a conselleiro dunha das multinacionais que hoxe están estragando o meio ambiente no noso país", dixo Villares.

En Marea propón o saneamento integral das rías (para quintuplicar o número de postos de traballo que dependen neste momento delas) e transformar o Consello Galego de Medio Ambiente nun "ente vertebrador destas políticas"