Que Voltem para a Casa realizou a XIII marcha às cadeias
A plataforma Que Voltem para a Casa organizou unha participativa XIII marcha às cadeias baixo o lema Tempo de retornar, coa que fretaron autobuses até a prisión de Teixeiro. Foi a primeira que se realizou unicamente en territorio galego.
É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego
É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego debido a que, desde hai máis de dez anos, persoas presas independentistas se atopan en cadeas do territorio galego. Así, após anos de dispersión das presas e presos e de percorrer quilómetros e quilómetros para velas, este ano a marcha foi dentro da Galiza.
Acadouse un dos obxectivos do movemento galego de solidariedade para con este colectivo de persoas presas. Mais, lembran, fica traballo por facer como é a rebaixa de grao penitenciario, a fin do réxime FIES, a revisión da condena ou a denuncia de irregularidades e abusos nos cárceres.
Desde o colectivo celebraron tamén a liberación no pasado ano da independentista Maria Ossório e Diego Santim, após anos de pasaren por diversas cadeas do Estado español.