Willy Meyer, sobre Podemos: "Eu non pisei nen Cuatro nen La Sexta"

 

O eurodeputado eleito de IU Willy Meyer atribúe o éxito eleitoral de Pablo Iglesias á súa condición de candidato tertuliano.

No mesmo acto informativo en que IU oferecía a Podemos formar unha alternativa de goberno conxunta, Willy Meyer deixaba entrever que o suceso eleitoral de Pablo Iglesias se explica polo apoio que o líder de Podemos ten recebido das televisións privadas, entre elas nomeadamente Cuatro e La Sexta.

"Eu non pisei nen Cuatro nen La Sexta; pode ser unha parvada, mas ten o seu efeito", dixo Willy Meyer.

Tertuliano habitual en La Sexta Noche

Pablo Iglesias é tertuliano habitual en La Sexta Noche, programa que ten unha audiencia promedio de 1.300.000 espectadoras/es, cun share do 7% (7 de cada 100 persoas que ven a televisión nese momento conectan co programa).

Durante a campaña, IU presentou un recurso ante a Xunta Eleitoral Central queixándose da presenza de Iglesias, candidato, nas tertulias televisivas, por considerar que introducía un factor de discriminación para o resto das forzas políticas.

A XEC, controlada politicamente polo PP, deu a razón a Pablo Iglesias.