18-F

A XEC confirma a apertura dun expediente sancionador contra o subdelegado do Goberno en Pontevedra

Abel Losada. (Foto: Cacharela)
Para a XEC, Losada incorreu en mensaxes electoralistas cando encomiou as iniciativas postas en marcha polo Goberno estatal durante a súa visita a Caldas

A Xunta Electoral Central confirmou a apertura dun expediente sancionador contra o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, por incorrer en mensaxes electoralistas durante unha visita a Caldas de Reis, comarca de Caldas

Nunha resolución difundida esta terza feira e á que tivo acceso Europa Press, a XEC ratifica o criterio da xunta electoral galega de impor unha sanción contra o ex deputado do PSdeG no Parlamento galego após a denuncia presentada polo PP.

Para a XEC, Losada incorreu en mensaxes electoralistas cando encomiou as iniciativas postas en marcha polo Goberno estatal durante a súa visita a Caldas, na que, como recolle unha nota de prensa publicada na web do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, "lembrou o compromiso do Executivo de Pedro Sánchez cos municipios galegos e os seus habitantes".

Así, considera que o subdelegado "non pode acollerse ao argumento" de que as súas declaracións "constitúen información necesaria ou esencial" para acódelas usuarias da estrada N-640 como sostivo no seu recurso Abel Losada.

Por tanto, ratifica o criterio seguido pola xunta galega e mantén a apertura dun expediente sancionador. A resolución é firme e contra ela non cabe a presentación dun novo recurso