Unhas xornadas debaten en Vigo sobre a necesidade dunha “rebelión democrática” en Europa

europa

Organizada pola plataforma 'Plan B' da cidade, toman parte nas mesmas Xavier Vence (BNG), Miguel Urbán (Podemos), Chelo Martínez (Cerna) e Adriano Campos (Bloco).

Esta sexta feira e mañá sábado Vigo acolle as xornadas 'Por unha rebelión democrática en Europa', organizadas polo cominté 'Plan B' da cidade, que comezou a súa andaina nun encontro a comezos do pasado mes de marzo. “Coñecemos e padecemos o Plan A da súa austeridade. Queres construír o Plan B en común?”, preguntan os organizadores destas xornadas.

Na quenda da seta feira participan Xavier Vence, catedrático de Economía a ex-portavoz do BNG, e o eurodeputado de Podemos Miguel Urbán na mesa económica. Falarán de crise financeira, se é posíbel políticas alternativas ao liberalismo na Eurozona, o debate sobre o euro... Xa o sábado será a quenda da deputada Chelo Martínez e o sociólogo e membro do Bloco de Esquerda Adriano Campos. Falarán, entre outras cuestións, de soberanía popular e globalización.

A comezos de marzo decorreu un encontro en Vigo dun grupo de persoas que acordou dar os pasos necesarios para constituír un Comité cidadán por un Plan B na Europa, na liña da iniciativa que está a se estender por Europa e cuxo rostro máis visíbel e coñecido é o do ex-ministro grego Vareoufakis